Xavier LabandeiraEmprego unha parte substancial do meu tempo a difundir as conclusións da miña investigación e a fomentar a transferencia de coñecemento no ámbito da economía enerxética e ambiental. Eses son os motivos polos que promovín a creación de Economics for Energy e o que explica tamén a miña participación no 'Policy Outreach Committee' de EAERE. Creo firmemente na utilidade dos seminarios e workshops para transmitir coñecemento entre os actores implicados, o que xustifica a miña intensa actividade neste campo. Asemade, sempre que é posible, colaboro cos medios de comunicación e procuro difundir o meu traballo a través de redes sociais, como blogs especializados e LinkedIn.


Descargar CV
¿Prosperar sin combustibles fósiles? Las ciudades verdes demuestran que es posible
elPeriodico.com, 22-05-2026